Blogia
Tabuyo Alcalde

Preguntas sin Respostas

Hoxe teño o día parvo...un día de estos que buscas a resposta a acontecimentos case sobrenaturais. Porqué no Pazo de Torrado están obrando sen respetar ningun tipo de protección a edificación, e en cambio cando queres rehabilitar unha vivenda para uso personal tes que respetar ata o mais mínimo detalle a estructura orixinal da edificación? Porqué eles compran pazos e os adaptan o que eles queiran aínda que o destino final desa compra nunca se chega a comprobar moi ben para que é, e en cambio ti non podes adaptar a túa vivenda a unhas condicións mínimas de habitabilidade porque a protección integral cho impide?

Porqué cortan as estradas para cambiarlle o pavimento por un adoquín precioso pero que se levanta só cada vez que chove, e a partir dese momento teñen que cortar a mesma estrada cada mes para colocar os adoquíns que se levantan sen que haixa ningún tipo de explicación para ós veciños que nos afectan esos cortes? Será o cemento? Os adoquíns que non son hidrófugos? Nós pasandolles por encima cos coches? Porque o persoal do Concello son moi competentes e non serán eles quenes os poñan mal para ter que volver cada mes, non?

Porqué o colexio de Santo Tomé ten goteiras e se quedan os nenos sin clase porque nadie arregla o tellado?

Porqué no colexio de Corbillón, ademais de ter goteiras tamén, rellenaron o patio de barro para poñer árbores que nunca van a crecer, e os nenos no inverno teñen que xogar nunha lameira?

Tendo en conta que hai case familias enteiras traballando para ó concello de Cambados, e que para entrar ahi hai que pasar unhas probas de aptitudes, porqué non se lle entrega uns premios ó seu coeficiente intelectual? Porque me imaxino que a intelixencia é hereditaria e se deberían premiar a esas catro familias que conseguiron meterse todas na mesma empresa por méritos propios, non?

Por ter, aínda me quedan moitas dudas, pero por hoxe sobrecarguei o cerebro así que case que o deixo descansar, alguen ten a resposta?

1 comentario

Dani Casal -

Xa tes un link no meu blog, benvido Alcalde.

Un abrazo da representación Cambadesa na candidatura do Concello de Madrid.