Blogia
Tabuyo Alcalde

Festa dos Traballadores

O pasado 1 de maio se celebrou a primeira festa socialista do traballador en Cambados. A posta en escena foi increíble, flores de tempada nun ambiente rústico. Consistía nunha merenda popular na que se invitaba a todolos cambadeses gratuitamente a participar. Supoño que haberá moitos corroendose coa envexa pola ampla aceptacion que tivo este acontecimento no pobo, pero tamen está claro que cando realmente hai amistade, non é necesario comprar a nadie con mariscadas nin con caviar. A Domingo Tabuyo bastoulle cunhas empanadiñas, unhas xenerosas tortillas caseras e sobre todo, uns boísimos viños da zona, dende un albariño, pasando polo mencía e como no, rematando cun bo tinto de Barrantes. Todo esto unido a un ambiente festivo e grato, fixo desa tarde algo increíblemente relaxante. Cabe destacar o gran papel das cociñeiras que viron recompensadas as súas horas empregadas nesta tarefa cunha ampla aceptación dos seus pratos.

A verdade é que, merendas gratis aparte, cabe destacar a gran figura de Domingo Tabuyo, da gusto encontrar xente así, que non presuma dunha linguaxe soez e insultante, que non leva a insolencia como parte do seu carácter, que sabe estar e sabe facernos sentir a gusto a pesar do seu papel importantísimo a nivel nacional.  Tamén hai que ter en conta que o noso candidato é un home de letras, un home culto, un home que se ve que saíu da súa casa para ver mais mundo e aprender de todo, porque para él todos temos algo para aportarlle. Sexa para ben ou para mal, pero todos somos persoas e non fai distincións entre nós, sexamos da cor que sexamos, e a pesar da ideoloxía que teña cada un.

Esto foi o que me fixo comenzar a escribir este blog, ó mellor non chegará a leélo nadie, pero a min faime feliz apoiar desta maneira ó meu candidato.  ¡¡¡¡ DOMINGO TABUYO ALCALDE DE CAMBADOS!!!!

1 comentario

trintaecatro -

non sei cantos van e leer este blog pero xa hai xente que o leeu. Eu son un deles. No e que sexa importante que que axa moitos lectores, o importante e poder expresarse e expoñer o que un pensa, falar e dicir cousas ainda que sexa o vento. E o vento non ten fronteiras e nunca se sabe a donde te pode levar. Pola miña parte que te leve a donde o vento leva.... a tódolos lugares