Blogia
Tabuyo Alcalde

Tabuyo Alcalde!!!!

Un señor preguntoulle hoxe a Domingo Tabuyo, (por si non sabedes quen é, é o futuro alcalde de Cambados) que por qué quería ser alcalde de Cambados si o Concello está endeudado ata ós nosos bisnetos, si chegamos a telos, e Domingo, como persoa humilde, traballadora e honrada que é, contestoulle moi ben, dixolle que creía en Cambados, e que sobre todo quería Cambados, no bo e no malo, como nos casamentos. Ou hai alguen que se case por interés? Pois él igual, quere casarse co Concello porque llo pide o corazón.

Aquí hai unha parte vergonzosa, que clase de figura é para nós un político si pensamos que só van ós Concellos para roubar? Ata que punto somos conformistas vendo como nos levan o que é noso, o que nos pertence, a parte presupostaria que nos destinan os presupostos estatales e autonómicos que tamén é noso, como se paga co noso diñeiro os soldos dos SEUS AMIGOS, alguen de vos se lle ocurriría na súa vida diaria contratar persoal a costa dunha empresa que non é vosa? Si algun de vos é empresario, permitiría que o veciño de enfrente se dedicara a cargarvos a vós os custos da contratación do persoal que él emprega?  Porqué nadie se rebela contra esta desfachatez igual como se fixo en tempos do Bloque cando asaltaron a alcaldía. Acaso é mais grave que che suban os impostos (supostamente) a que che estén roubando todo canto pase polo Concello, o que pagas ti e o que non ves? E si ven un constructor que se encapricha coas ruinas de Sta Mariña para facer uns adosados con vistas a Cambados? Porque despois da venda do campo da Merced nos pode pasar calquer cousa, quen se rebelou ahi? Donde estábamos, e me incluio, porqué nadie fixo unha recollida de firmas, unha protesta diante do Concello, algo en contra do Concello? Non se fixo nada de nada e por encima temos a desfachatez de ir a chamarlle a atención a outro que non ten culpa ningunha do penoso estado financeiro de Cambados.

Pois que nadie se preocupe de que en Cambados xa nadie roubará un céntimo mais sinxelamente porque xa está vacío, non hai nada que levar, quedan as mesas, as sillas, e un par de armarios e ó mellor algun que outro paquete de folios mais que nada por desuso. As sillas e as mesas tamén estarán novas porque total, pó tempo que estuveron no seu posto de traballo, pouco se jastaron. E en esto nadie protesta. Nadie protesta por ter que esperar tres días por un certificado de empadronamento, nadie protesta porque xa non compulsan documentos, nadie protesta porque o Señor Arquitecto da oficina de Rehabilitación nunca está no seu posto de traballo, nadie protesta porque o Señor Aparejador, dependendo de quen seas, non lle da a gana de atenderte, nadie protesta porque desde o primeiro, ata o último está enchufado e porque estén traballando familias enteiras dentro do mismo edificio, nadie se queixa porque sae unha convocatoria e tres semanas antes xa sabemos a quen lle van a tocar esos postos de traballo, nadie se queixa de que en San Tomé sempre haxa basura polas calles, nadie se queixa dos perfumes eau de excremento que hai por Fefiñans e por toda a Alameda, nin tampouco nos queixamos de que temos unha gardería municipal que en vez de matricular ós teus fillos, parece que os pós en lista de espera para unha operación porque nunca hai prazas, como é posible? Como é posible que haxa nenos que lles toque un colexio por vivir enfrente, e se teñan que ir a outro lado porque non hai prazas? Que pasa que con tanto persoal non hai nadie que se dedique o censo do pobo? Porque só hai dúas posibilidades para que nadie se dé  conta que ós servizos básicos de calquer pobo se quedan pequenos para á poboación, ou non hai nadie que realmente se dedique a eso, cousa que tamén é vergonzosa, ou que quen se dedique a eso só espabile en tempos de eleccións municipais, que suele ser a época que todo mundo se acorda de nós, e neste caso nin así.

A realidade é esta, eles están preocupados de si mesmos e dos seus, NADA MAIS. Necesitamos un cambio radical, como o famoso programa, pero este por desgraza non se arregla cunha operación estética, esta necesita unha operación cerebral que de momento non se fan. Así que, Tourís, non tes arrejlo, e Domingo, ti sí que tes cerebro. Sexamos lóxicos e cerebrais, Domingo Tabuyo Alcalde XA!!!

0 comentarios