Blogia
Tabuyo Alcalde

Sobre a dichosa lei do litoral (ou no que se escudan algúns)

Levo unha semana oíndo o coche do concello anunciando charlas sobre a lei do litoral (por certo, creo que é ilegal usar o coche do concello para fins dun partido, non?). Nesas charlas case se nos anuncia o fin do mundo, que si o PSOE non vai deixar obrar, que si van a desaparecer núcleos urbans, que si van a tirar casas,... e unhas cantas barbaridades mais avaladas polos técnicos do Concello, neutralísimos, e que a nadie se lle ocurra a decir o contrario que si non....tódolos vosos terreos serán rústicos o resto da vosa vida, ou o que tardedes en venderllo a algun constructor amigo (deles, claro), e polo propio Alcalde, pobre de quen. E digo eu, a alguén lle pode pasar pola cabeza que hai alguen interesado realmente en facer esa desfeita? Xa sei que estas charlas, ademais dos técnicos, vai acompañado dun Kit de Planos, a venta en calquer librería con fotocopiadora, estratéxicamente coloreado en vermello (para que sexa mais sangrante) donde desaparece case a metade de Cambados, pero me parece que a estratexia política ten que ter un límite, e o límite está en non xogar nin manipular os Cambadeses con estas profecías de desertización dun pobo en constante crecimento de poboación como é o noso.

Este tipo de política debería estar prohibido.  Non é certo que non se vaia a poder obrar. Si un terreo é urbanizable, o vai a ser sempre, e si un terreo e rústico, tampouco se vai a cambiar. Ademais que esta lei o único que fai é que non se poidan contruír casas a pé de praia, o que por outro lado é bastante lóxico. O demais é outro tipo de lei que non ten nada que ver con esta, ainda que aquí se mezcle todo non sei si a propósito ou por ignorancia, pero que nada ten que ver coa lei do litoral. Donde haxa núcleos, seguiraos habendo, e donde é rústico, seguirá sendo. 

E por suposto que non se vai a tirar ningunha casa, pero tamén é certo que este medo eu non o teño, porque eu paguei as miñas licencias para ter a miña casa donde a teño, e hai moito listo que levanta a súa vivenda donde lle parece de maneira ilegal e ahora teme que se lle tire. Pero que se lle tire por ser unha vivenda ILEGAL, non porque Terminator vaia a pasar por Cambados para acabar coa vida dos seus habitantes.  Estamos falando de CASAS ILEGAIS, por favor, vamos a ser un pouco serios.  Unha cousa é que se protexa o litoral, outra cousa é que unha terra sexa rústica ou non, outra que fulanito de tal teña unha casa construída ilegalmente nunha zoa donde está prohibido construír,... si mezclamos todo e de estas tres noticias facemos unha poñendolle un fondo de película de terror, entón é normal que a xente esté amedrentada. E ahí e donde chegamos o mais importante. Quen ten tanto interés en facer de Cambados e o seu PXOM unha película de terror barata? Quen é o que move os fíos para que se vaia, parroquia por parroquia, amedrentando a xente? Quén é o que ten tanto interés en alborotar a un pobo ,a quince días dunhas eleccións municipais, en contra dun partido político rival?  Hai que ser un pouco mais honrados, e hai que empezar a xogar limpo.

 Nostradamus descubreu os seus poderes proféticos nunha viaxe en mula, empuxado pola penosa situación de perder a súa familia a causa da Peste. Non quero ser profético pero si cambiamos este feito de lugar e de tempo, hai unha gran coincidencia, Tourís está descubrindo os seus poderes de clarividencia nunha viaxe por Cambados con mulas, empuxado pola penosa situación de perder a súa alcaldía.   A ver si o final vai ser verdá que é profeta! Vendrá Termineitor por Cambados?

 

3 comentarios

Supra Skytop -

Here you should have a goal for the year related to your life purpose. So our life will be full of hope and exciting. Do you think so?
http://www.supras.cc/supra-skytop-1/

Rubén -

A verdade que o único interés que hai por detrás é un interés político para tratar de perxudicar o PsdeG cambades como sexa. Eu era votante do PP...XA NON O SON

Cambadesa -

Estou totalmente de acordo contigo. Xa non son épocas de andar asustando a nadie. Esta forma de actuar recorda a outras épocas de España e que nadie quere que volvan.