Blogia
Tabuyo Alcalde

Para tódolos votantes do PP

A que dá gusto que en setembro xa non haxa que pagar os libros de texto? A que da gusto que te vaias a comprar un ordenador para ós teus fillos e que a Xunta che reembolse 300€? A que da gusto que esté previsto un plan integral de saúde bucodental, que xa cubre os nenos de 6  anos, e acabará cubrindo ata os 14 e xa non teñas que deixarte unha fortuna en dentistas de pago? A que da gusto que ás mulleres nos vaia a saír gratis todo o relacionado coa nosa saúde como os anticonceptivos?  A que da gusto que os autónomos lles vaian a recoñecer a súa condición de traballador e a partir de agora poidan cobrar baixas por enfermidade, por maternidade,...?

Esto só son uns poucos exemplos do a gusto que estamos agora, nun lado da balanza nos apoian en todo, e no outro durante 20 anos non nos deron nada.

0 comentarios