Blogia
Tabuyo Alcalde

Centro de día na casa dos Fraga

Quero comentar a proposta socialista de convertir a casa dos Fraga nun centro de día para os nosos maiores. Creo que é unha excelente idea tendo en conta que está nunha zona con moi pouco tráfico, ó carón da igrexa para quen queira ir a misa, consta dunha impresionante horta axardinada que se pode acondicionar perfectamente para as distintas actividades ó aire libre ou facer zonas cubertas para que a choiva non sexa impedimento, a edificación consta de metros cuadrados suficientes para facer un amplio e variado abanico de actividades, e ademais, e o que é mais importante, está no centro de Cambados.

Ahora mesmo se supón que o que fai de centro de maiores, ou eso foi a excusa que se puxo, é o centro da Mercede, donde dispoñen dun salón para que bailen, ou xoguen as cartas, ou que fagan o que queiran, pero sin salirse do salón. Facer actividades para os maiores non consiste en cederlles un salón con unha minicadena, un par de mesas e media docena de sillas para que se entreteñan. Os maiores non son nenos que os poidas castigar ahi, e que non se movan ata que chegue a hora de marchar. Teñen mais dereitos que nadie porque chegaron a esa idade despois dunha longa e intensa vida de traballos, e ahora o menos que lle podemos ofrecer é un pouco de alegría e compañía para os anos que lle quedan. Teñen dereito a ter un edificio para eles sós, e non como ahora que o teñen compartido con unha biblioteca, escasa de libros por certo, unhas salas de estudio, e outras actividades varias adicadas para todos menos para eles. Acaso os que agora mesmo nos gobernan non teñen pais ou avós? Non teñen a ningunha persoa maior ó seu cargo? Porque eu sí a teño e sei o que é que non lle quede mais remedio que quedar na casa ata que alguen chegue de traballar para que a saque a pasear a noitiña para que se distraia un anaquiño. Esto se solucionaría co centro de día porque tendrían un sitio donde estar, estarían atendidos e os familiares estaríamos encantados sabendo que eles estan felices mentras que nós estamos traballando e non lles podemos adicar o noso tempo.

E as actividades teñen que ser ó longo do ano, de que vale a ximnasia sí solo a van a disfrutar un mes de cada seis? É tan difícil contratar un monitor durante todo o ano? Que como se paga? Moi fácil, si se pagan unha docena de soldos repartidos entre 3 museos que aínda non sei moi ben de que van, tamén se pode pagar un monitor para o beneficio dos que durante tantísimos anos pagaron os seus impostos. Ou é que por ser para beneficio da sociedade, e non para beneficio duns poucos, sen subvención non hai monitor de ximnasia? Un caso parecido ó CIM, como non hai subvención, non hai atención ás mulleres, así que si sofren malos tratos, que o vaian remediando con Betadine mentras que non chegue unha subvención, mentras tanto non poden pedir asistencia xurídica, nin asesoramento, nin poden acudir ó psicólogo de forma gratuita,... Ademais de non ter persoas maiores na familia, tampouco deben ter mulleres, nin nais, nin irmás, nin sobriñas,... Entorpecer a utilización dos recursos  por parte das entidades obrigadas a prestalos...Esta frase o resume todo por desgracia. A Xunta facilita unha serie de recursos ós concellos para que eles a súa vez nolas oferten os cidadáns.  É unha cadea, o Concello é o noso intermediario para que nos poidamos acceder ó que temos dereito, e neste Concello esa cadea se rompeu polos intereses duns poucos. Esto non se pode permitir, sexa quen sexa o partido político que goberne, quen as pagamos somos os cidadáns.

Non me cansarei de repetilo. Tabuyo Alcalde!!!!  Chegou a hora do cambio, chegou a hora dunha política social e económica para todos.

0 comentarios