Blogia
Tabuyo Alcalde

E seguimos con festas...

Onte foi a presentación de candidatura no auditorio da Xuventude, sí, sí, os terreos que se doaron fai moitos anos con toda a boa vontade do mundo para facer un espazo para a mocidade e se acabou vendendo ó mellor postor, ése mesmo. Pois seguindo coa racha de boa sorte foi todo ún éxito tanto en asistencias como en aplausos, vítores e tódolos xestos de felicidade que vos podedes imaxinar. A candidatura abarca un amplo campo de personaxes de distintas parroquias, profesións e idades. Un amplo abanico de experiencias que abarcan tódalas cualidades que se necesita para levar o timón dun pobo, e cunha potente proposta socioeconómica avalada pola Xunta de Galicia e co beneplácito do Goberno español. Todo esto se consigue gracias a Domingo Tabuyo que pelexa en Madrid como nadie para lograr para Cambados o que o pobo merece, e que nos coloca na posición que nos merecemos. A verdade e que temos todo o que se necesita para triunfar, un pobo escollido como destino turístico por moitos, un banco de marisqueo envexable, temos pesca de calidade, temos un polígono industrial, (a medias pero bueno, que se lle vai facer), gracias á ampliación da Vía do Salnés, seremos un nexo importante entre as distintas industrias, tanto para ós que veñen a comprar, como para ós que van a vender, cousa que ata o de agora estaba bastante limitado pola ausencia dunha infraestructura necesaria para a loxística en xeral, e todo esto combinado cun aire enxebre e casi virxen por moitas zonas. As zonas verdes son necesarias porque son ás que lle dan este encanto especial a Cambados, depuradoras de marisco rodeadas de monte, algun que outro solar con maleza entre os edificios, o cheiro fecal saíndo do alcantarilado. (esto non é grato pero nos pasa a moitos e xa que non nos fan caso no concello, haberá que citalo como algo normal). O que mais me gustaba do verán éran os concertos de música no antigo campo da mercede, lástima que ahora sólo sexa un recordo para contarlle ós fillos e os netos, ahora toca volver a Fefiñans donde, eso sí, o fondo é precioso, eso non o vou a negar, pero espazo é insuficiente para saltar e disfrutar da música, tendremos que poñernos a dieta todolos cambadeses para dispoñer de mais espazo físico cada un.

 Pero este xa é outro tema, outro día falarei con mais tempo das salvaxadas cometidas nun pobo nacido para triunfar.  E que nadie o poña en duda, Tabuyo Alcalde

0 comentarios