Blogia

Tabuyo Alcalde

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Para Domingo Tabuyo (si me lee)

Dende aquí quero que sepas que para min eres e serás sempre o meu candidato, que Cambados algún dia será socialista gracias a ti, e que nos tes a todos para o que faga falta. Descansa esta lexislatura porque a seguinte non estarás na oposición, na seguinte seras o que te mereces, serás o Alcalde de Cambados. O pobo falou e dixo o que todos sabemos, que Cambados te quere de Alcalde e que todos estaremos traballando moi duramente para que o consigas.

Quizais non o saibas pero a miña admiración por ti comenzou en tempos estudiante, como profesor non hai outro, e como socialista...non hai persoa con mais valía e que mereza mais respeto.  Gracias á meus pais teño corazón socialista pero gracias a tí puden actuar e dar a cara como socialista. Traballar contigo foi un honor e non o esquezarei mais na vida. Este orgullo non mo quitará nadie, son socialista e traballei co mellor candidato que pode haber no mundo.

O Presidente da Xunta en Cambados

Mañá mércores vendrá Emilio Pérez Touriño ó mitin central do PSdeG-PSOE de Domingo Tabuyo. Para que sigan decindo algúns que Domingo non ten peso!!!! Domingo non ten peso, Domingo é un peso pesado e Domingo é o próximo alcalde de Cambados pese a quen lle pese. E ven a apoiar ó noso candidato sen mais, nin se leva unha mariscada a cambio, nin ven para quedarse a conta do noso bolsillo unha semana, nin trae comitiva de personalidades a chupar do bote.

Vilariño quere cambio

Onte houbo mitin do PSOE en Vilariño, e hai unha cousa que quedou moi clara, VILARIÑO QUERE CAMBIO, Vilariño non defradou e tal como se presintía acudiron ó mitin para escoitar e apoiar a Domingo Tabuyo. Tamén falou Lucía Chaves, veciña de ahi, que falou do abandonado que estaba esa zona, e do pouco apoio que reciben ós agricultores en xeral.

É triste que nunha zona emprendedora como é Vilariño, donde a xente invertiu en invernaderos, en plantacións de albariño, en granxas avícolas e no cultivo da horta en xeral non souberon darlle o apoio necesario para apoiar ese tipo de actividades que serven para que cada un deles se ganen o seu soldo, pero que non serven para que o Concello recoñeza a súa labor de empresarios. Ser empresario non é só andar de traxe e cos billetes saíndo polo bolsillo. Ser empresario para a maioría e poñer as botas e baixar o lombo.

Quizais para alguns esto non ten glamour suficiente como para pararse a falar con toda esta xentiña, pèro para min e para calquer socialista son tan respetables ou mais como os que van de traxe!!

Tabuyo Alcalde!!!!

Un señor preguntoulle hoxe a Domingo Tabuyo, (por si non sabedes quen é, é o futuro alcalde de Cambados) que por qué quería ser alcalde de Cambados si o Concello está endeudado ata ós nosos bisnetos, si chegamos a telos, e Domingo, como persoa humilde, traballadora e honrada que é, contestoulle moi ben, dixolle que creía en Cambados, e que sobre todo quería Cambados, no bo e no malo, como nos casamentos. Ou hai alguen que se case por interés? Pois él igual, quere casarse co Concello porque llo pide o corazón.

Aquí hai unha parte vergonzosa, que clase de figura é para nós un político si pensamos que só van ós Concellos para roubar? Ata que punto somos conformistas vendo como nos levan o que é noso, o que nos pertence, a parte presupostaria que nos destinan os presupostos estatales e autonómicos que tamén é noso, como se paga co noso diñeiro os soldos dos SEUS AMIGOS, alguen de vos se lle ocurriría na súa vida diaria contratar persoal a costa dunha empresa que non é vosa? Si algun de vos é empresario, permitiría que o veciño de enfrente se dedicara a cargarvos a vós os custos da contratación do persoal que él emprega?  Porqué nadie se rebela contra esta desfachatez igual como se fixo en tempos do Bloque cando asaltaron a alcaldía. Acaso é mais grave que che suban os impostos (supostamente) a que che estén roubando todo canto pase polo Concello, o que pagas ti e o que non ves? E si ven un constructor que se encapricha coas ruinas de Sta Mariña para facer uns adosados con vistas a Cambados? Porque despois da venda do campo da Merced nos pode pasar calquer cousa, quen se rebelou ahi? Donde estábamos, e me incluio, porqué nadie fixo unha recollida de firmas, unha protesta diante do Concello, algo en contra do Concello? Non se fixo nada de nada e por encima temos a desfachatez de ir a chamarlle a atención a outro que non ten culpa ningunha do penoso estado financeiro de Cambados.

Pois que nadie se preocupe de que en Cambados xa nadie roubará un céntimo mais sinxelamente porque xa está vacío, non hai nada que levar, quedan as mesas, as sillas, e un par de armarios e ó mellor algun que outro paquete de folios mais que nada por desuso. As sillas e as mesas tamén estarán novas porque total, pó tempo que estuveron no seu posto de traballo, pouco se jastaron. E en esto nadie protesta. Nadie protesta por ter que esperar tres días por un certificado de empadronamento, nadie protesta porque xa non compulsan documentos, nadie protesta porque o Señor Arquitecto da oficina de Rehabilitación nunca está no seu posto de traballo, nadie protesta porque o Señor Aparejador, dependendo de quen seas, non lle da a gana de atenderte, nadie protesta porque desde o primeiro, ata o último está enchufado e porque estén traballando familias enteiras dentro do mismo edificio, nadie se queixa porque sae unha convocatoria e tres semanas antes xa sabemos a quen lle van a tocar esos postos de traballo, nadie se queixa de que en San Tomé sempre haxa basura polas calles, nadie se queixa dos perfumes eau de excremento que hai por Fefiñans e por toda a Alameda, nin tampouco nos queixamos de que temos unha gardería municipal que en vez de matricular ós teus fillos, parece que os pós en lista de espera para unha operación porque nunca hai prazas, como é posible? Como é posible que haxa nenos que lles toque un colexio por vivir enfrente, e se teñan que ir a outro lado porque non hai prazas? Que pasa que con tanto persoal non hai nadie que se dedique o censo do pobo? Porque só hai dúas posibilidades para que nadie se dé  conta que ós servizos básicos de calquer pobo se quedan pequenos para á poboación, ou non hai nadie que realmente se dedique a eso, cousa que tamén é vergonzosa, ou que quen se dedique a eso só espabile en tempos de eleccións municipais, que suele ser a época que todo mundo se acorda de nós, e neste caso nin así.

A realidade é esta, eles están preocupados de si mesmos e dos seus, NADA MAIS. Necesitamos un cambio radical, como o famoso programa, pero este por desgraza non se arregla cunha operación estética, esta necesita unha operación cerebral que de momento non se fan. Así que, Tourís, non tes arrejlo, e Domingo, ti sí que tes cerebro. Sexamos lóxicos e cerebrais, Domingo Tabuyo Alcalde XA!!!

Sobre a dichosa lei do litoral (ou no que se escudan algúns)

Levo unha semana oíndo o coche do concello anunciando charlas sobre a lei do litoral (por certo, creo que é ilegal usar o coche do concello para fins dun partido, non?). Nesas charlas case se nos anuncia o fin do mundo, que si o PSOE non vai deixar obrar, que si van a desaparecer núcleos urbans, que si van a tirar casas,... e unhas cantas barbaridades mais avaladas polos técnicos do Concello, neutralísimos, e que a nadie se lle ocurra a decir o contrario que si non....tódolos vosos terreos serán rústicos o resto da vosa vida, ou o que tardedes en venderllo a algun constructor amigo (deles, claro), e polo propio Alcalde, pobre de quen. E digo eu, a alguén lle pode pasar pola cabeza que hai alguen interesado realmente en facer esa desfeita? Xa sei que estas charlas, ademais dos técnicos, vai acompañado dun Kit de Planos, a venta en calquer librería con fotocopiadora, estratéxicamente coloreado en vermello (para que sexa mais sangrante) donde desaparece case a metade de Cambados, pero me parece que a estratexia política ten que ter un límite, e o límite está en non xogar nin manipular os Cambadeses con estas profecías de desertización dun pobo en constante crecimento de poboación como é o noso.

Este tipo de política debería estar prohibido.  Non é certo que non se vaia a poder obrar. Si un terreo é urbanizable, o vai a ser sempre, e si un terreo e rústico, tampouco se vai a cambiar. Ademais que esta lei o único que fai é que non se poidan contruír casas a pé de praia, o que por outro lado é bastante lóxico. O demais é outro tipo de lei que non ten nada que ver con esta, ainda que aquí se mezcle todo non sei si a propósito ou por ignorancia, pero que nada ten que ver coa lei do litoral. Donde haxa núcleos, seguiraos habendo, e donde é rústico, seguirá sendo. 

E por suposto que non se vai a tirar ningunha casa, pero tamén é certo que este medo eu non o teño, porque eu paguei as miñas licencias para ter a miña casa donde a teño, e hai moito listo que levanta a súa vivenda donde lle parece de maneira ilegal e ahora teme que se lle tire. Pero que se lle tire por ser unha vivenda ILEGAL, non porque Terminator vaia a pasar por Cambados para acabar coa vida dos seus habitantes.  Estamos falando de CASAS ILEGAIS, por favor, vamos a ser un pouco serios.  Unha cousa é que se protexa o litoral, outra cousa é que unha terra sexa rústica ou non, outra que fulanito de tal teña unha casa construída ilegalmente nunha zoa donde está prohibido construír,... si mezclamos todo e de estas tres noticias facemos unha poñendolle un fondo de película de terror, entón é normal que a xente esté amedrentada. E ahí e donde chegamos o mais importante. Quen ten tanto interés en facer de Cambados e o seu PXOM unha película de terror barata? Quen é o que move os fíos para que se vaia, parroquia por parroquia, amedrentando a xente? Quén é o que ten tanto interés en alborotar a un pobo ,a quince días dunhas eleccións municipais, en contra dun partido político rival?  Hai que ser un pouco mais honrados, e hai que empezar a xogar limpo.

 Nostradamus descubreu os seus poderes proféticos nunha viaxe en mula, empuxado pola penosa situación de perder a súa familia a causa da Peste. Non quero ser profético pero si cambiamos este feito de lugar e de tempo, hai unha gran coincidencia, Tourís está descubrindo os seus poderes de clarividencia nunha viaxe por Cambados con mulas, empuxado pola penosa situación de perder a súa alcaldía.   A ver si o final vai ser verdá que é profeta! Vendrá Termineitor por Cambados?

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Para tódolos votantes do PP

A que dá gusto que en setembro xa non haxa que pagar os libros de texto? A que da gusto que te vaias a comprar un ordenador para ós teus fillos e que a Xunta che reembolse 300€? A que da gusto que esté previsto un plan integral de saúde bucodental, que xa cubre os nenos de 6  anos, e acabará cubrindo ata os 14 e xa non teñas que deixarte unha fortuna en dentistas de pago? A que da gusto que ás mulleres nos vaia a saír gratis todo o relacionado coa nosa saúde como os anticonceptivos?  A que da gusto que os autónomos lles vaian a recoñecer a súa condición de traballador e a partir de agora poidan cobrar baixas por enfermidade, por maternidade,...?

Esto só son uns poucos exemplos do a gusto que estamos agora, nun lado da balanza nos apoian en todo, e no outro durante 20 anos non nos deron nada.

Centro de día na casa dos Fraga

Quero comentar a proposta socialista de convertir a casa dos Fraga nun centro de día para os nosos maiores. Creo que é unha excelente idea tendo en conta que está nunha zona con moi pouco tráfico, ó carón da igrexa para quen queira ir a misa, consta dunha impresionante horta axardinada que se pode acondicionar perfectamente para as distintas actividades ó aire libre ou facer zonas cubertas para que a choiva non sexa impedimento, a edificación consta de metros cuadrados suficientes para facer un amplio e variado abanico de actividades, e ademais, e o que é mais importante, está no centro de Cambados.

Ahora mesmo se supón que o que fai de centro de maiores, ou eso foi a excusa que se puxo, é o centro da Mercede, donde dispoñen dun salón para que bailen, ou xoguen as cartas, ou que fagan o que queiran, pero sin salirse do salón. Facer actividades para os maiores non consiste en cederlles un salón con unha minicadena, un par de mesas e media docena de sillas para que se entreteñan. Os maiores non son nenos que os poidas castigar ahi, e que non se movan ata que chegue a hora de marchar. Teñen mais dereitos que nadie porque chegaron a esa idade despois dunha longa e intensa vida de traballos, e ahora o menos que lle podemos ofrecer é un pouco de alegría e compañía para os anos que lle quedan. Teñen dereito a ter un edificio para eles sós, e non como ahora que o teñen compartido con unha biblioteca, escasa de libros por certo, unhas salas de estudio, e outras actividades varias adicadas para todos menos para eles. Acaso os que agora mesmo nos gobernan non teñen pais ou avós? Non teñen a ningunha persoa maior ó seu cargo? Porque eu sí a teño e sei o que é que non lle quede mais remedio que quedar na casa ata que alguen chegue de traballar para que a saque a pasear a noitiña para que se distraia un anaquiño. Esto se solucionaría co centro de día porque tendrían un sitio donde estar, estarían atendidos e os familiares estaríamos encantados sabendo que eles estan felices mentras que nós estamos traballando e non lles podemos adicar o noso tempo.

E as actividades teñen que ser ó longo do ano, de que vale a ximnasia sí solo a van a disfrutar un mes de cada seis? É tan difícil contratar un monitor durante todo o ano? Que como se paga? Moi fácil, si se pagan unha docena de soldos repartidos entre 3 museos que aínda non sei moi ben de que van, tamén se pode pagar un monitor para o beneficio dos que durante tantísimos anos pagaron os seus impostos. Ou é que por ser para beneficio da sociedade, e non para beneficio duns poucos, sen subvención non hai monitor de ximnasia? Un caso parecido ó CIM, como non hai subvención, non hai atención ás mulleres, así que si sofren malos tratos, que o vaian remediando con Betadine mentras que non chegue unha subvención, mentras tanto non poden pedir asistencia xurídica, nin asesoramento, nin poden acudir ó psicólogo de forma gratuita,... Ademais de non ter persoas maiores na familia, tampouco deben ter mulleres, nin nais, nin irmás, nin sobriñas,... Entorpecer a utilización dos recursos  por parte das entidades obrigadas a prestalos...Esta frase o resume todo por desgracia. A Xunta facilita unha serie de recursos ós concellos para que eles a súa vez nolas oferten os cidadáns.  É unha cadea, o Concello é o noso intermediario para que nos poidamos acceder ó que temos dereito, e neste Concello esa cadea se rompeu polos intereses duns poucos. Esto non se pode permitir, sexa quen sexa o partido político que goberne, quen as pagamos somos os cidadáns.

Non me cansarei de repetilo. Tabuyo Alcalde!!!!  Chegou a hora do cambio, chegou a hora dunha política social e económica para todos.

Preguntas sin Respostas

Hoxe teño o día parvo...un día de estos que buscas a resposta a acontecimentos case sobrenaturais. Porqué no Pazo de Torrado están obrando sen respetar ningun tipo de protección a edificación, e en cambio cando queres rehabilitar unha vivenda para uso personal tes que respetar ata o mais mínimo detalle a estructura orixinal da edificación? Porqué eles compran pazos e os adaptan o que eles queiran aínda que o destino final desa compra nunca se chega a comprobar moi ben para que é, e en cambio ti non podes adaptar a túa vivenda a unhas condicións mínimas de habitabilidade porque a protección integral cho impide?

Porqué cortan as estradas para cambiarlle o pavimento por un adoquín precioso pero que se levanta só cada vez que chove, e a partir dese momento teñen que cortar a mesma estrada cada mes para colocar os adoquíns que se levantan sen que haixa ningún tipo de explicación para ós veciños que nos afectan esos cortes? Será o cemento? Os adoquíns que non son hidrófugos? Nós pasandolles por encima cos coches? Porque o persoal do Concello son moi competentes e non serán eles quenes os poñan mal para ter que volver cada mes, non?

Porqué o colexio de Santo Tomé ten goteiras e se quedan os nenos sin clase porque nadie arregla o tellado?

Porqué no colexio de Corbillón, ademais de ter goteiras tamén, rellenaron o patio de barro para poñer árbores que nunca van a crecer, e os nenos no inverno teñen que xogar nunha lameira?

Tendo en conta que hai case familias enteiras traballando para ó concello de Cambados, e que para entrar ahi hai que pasar unhas probas de aptitudes, porqué non se lle entrega uns premios ó seu coeficiente intelectual? Porque me imaxino que a intelixencia é hereditaria e se deberían premiar a esas catro familias que conseguiron meterse todas na mesma empresa por méritos propios, non?

Por ter, aínda me quedan moitas dudas, pero por hoxe sobrecarguei o cerebro así que case que o deixo descansar, alguen ten a resposta?

Voltou o jerrilleiro

Xa podemos estar tranquilos, voltou Pepe Daporta para meter caña. O concellal jerrilleiro de Cambados por excelencia voltou dunhas vacacións donde me imaxino que foi para recargar pilas para pelexar mais que nunca nesta recta final. A min é un home que me cae ben, ten gracia, aínda que teña esa apariencia de home serio ou borde é todo o contrario. Sei que hai moita xente que non o traga, pero será mais por envexa que por outra cousa. E un tío sin pelos na lengua, e que di as cousas como as pensa, sen ofender a nadie, pero si defendendo a verdade. O partido sin el non sería o mesmo, ten ese algo especial que fai que todo o que emprenda, salga ben. Ademais de ter un porte que xa quixeran moitos para sí! Se votou en falta na presentación da candidatura...

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

E seguimos con festas...

Onte foi a presentación de candidatura no auditorio da Xuventude, sí, sí, os terreos que se doaron fai moitos anos con toda a boa vontade do mundo para facer un espazo para a mocidade e se acabou vendendo ó mellor postor, ése mesmo. Pois seguindo coa racha de boa sorte foi todo ún éxito tanto en asistencias como en aplausos, vítores e tódolos xestos de felicidade que vos podedes imaxinar. A candidatura abarca un amplo campo de personaxes de distintas parroquias, profesións e idades. Un amplo abanico de experiencias que abarcan tódalas cualidades que se necesita para levar o timón dun pobo, e cunha potente proposta socioeconómica avalada pola Xunta de Galicia e co beneplácito do Goberno español. Todo esto se consigue gracias a Domingo Tabuyo que pelexa en Madrid como nadie para lograr para Cambados o que o pobo merece, e que nos coloca na posición que nos merecemos. A verdade e que temos todo o que se necesita para triunfar, un pobo escollido como destino turístico por moitos, un banco de marisqueo envexable, temos pesca de calidade, temos un polígono industrial, (a medias pero bueno, que se lle vai facer), gracias á ampliación da Vía do Salnés, seremos un nexo importante entre as distintas industrias, tanto para ós que veñen a comprar, como para ós que van a vender, cousa que ata o de agora estaba bastante limitado pola ausencia dunha infraestructura necesaria para a loxística en xeral, e todo esto combinado cun aire enxebre e casi virxen por moitas zonas. As zonas verdes son necesarias porque son ás que lle dan este encanto especial a Cambados, depuradoras de marisco rodeadas de monte, algun que outro solar con maleza entre os edificios, o cheiro fecal saíndo do alcantarilado. (esto non é grato pero nos pasa a moitos e xa que non nos fan caso no concello, haberá que citalo como algo normal). O que mais me gustaba do verán éran os concertos de música no antigo campo da mercede, lástima que ahora sólo sexa un recordo para contarlle ós fillos e os netos, ahora toca volver a Fefiñans donde, eso sí, o fondo é precioso, eso non o vou a negar, pero espazo é insuficiente para saltar e disfrutar da música, tendremos que poñernos a dieta todolos cambadeses para dispoñer de mais espazo físico cada un.

 Pero este xa é outro tema, outro día falarei con mais tempo das salvaxadas cometidas nun pobo nacido para triunfar.  E que nadie o poña en duda, Tabuyo Alcalde

Festa dos Traballadores

O pasado 1 de maio se celebrou a primeira festa socialista do traballador en Cambados. A posta en escena foi increíble, flores de tempada nun ambiente rústico. Consistía nunha merenda popular na que se invitaba a todolos cambadeses gratuitamente a participar. Supoño que haberá moitos corroendose coa envexa pola ampla aceptacion que tivo este acontecimento no pobo, pero tamen está claro que cando realmente hai amistade, non é necesario comprar a nadie con mariscadas nin con caviar. A Domingo Tabuyo bastoulle cunhas empanadiñas, unhas xenerosas tortillas caseras e sobre todo, uns boísimos viños da zona, dende un albariño, pasando polo mencía e como no, rematando cun bo tinto de Barrantes. Todo esto unido a un ambiente festivo e grato, fixo desa tarde algo increíblemente relaxante. Cabe destacar o gran papel das cociñeiras que viron recompensadas as súas horas empregadas nesta tarefa cunha ampla aceptación dos seus pratos.

A verdade é que, merendas gratis aparte, cabe destacar a gran figura de Domingo Tabuyo, da gusto encontrar xente así, que non presuma dunha linguaxe soez e insultante, que non leva a insolencia como parte do seu carácter, que sabe estar e sabe facernos sentir a gusto a pesar do seu papel importantísimo a nivel nacional.  Tamén hai que ter en conta que o noso candidato é un home de letras, un home culto, un home que se ve que saíu da súa casa para ver mais mundo e aprender de todo, porque para él todos temos algo para aportarlle. Sexa para ben ou para mal, pero todos somos persoas e non fai distincións entre nós, sexamos da cor que sexamos, e a pesar da ideoloxía que teña cada un.

Esto foi o que me fixo comenzar a escribir este blog, ó mellor non chegará a leélo nadie, pero a min faime feliz apoiar desta maneira ó meu candidato.  ¡¡¡¡ DOMINGO TABUYO ALCALDE DE CAMBADOS!!!!

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres